PONTEVEDRA. Pontevedra prepárase para acoller a primeira edición do Protour. Unha competición centrada nas carreiras rápidas e explosivas e que contará cos 80 mellores triatletas de España. Ante as malas previsións meteorolóxicas para o domingo, a organización decidiu modificar o calendario e condensar toda a programación na xornada de mañá.
Estes son algúns dos deportistas que participarán mañá na primeira edición do ProTour. Un campionato que reunirá aos mellores triatletas do noso país e que volverá a facer vibrar a cidade de Pontevedra como o fixo no pasado ITU Multisport. Un circuíto, iso si, moi diferente ao do anterior mundial e centrado en captar a atención dos afeccionados.
O ProTour íase a celebrar ao longo de toda a fin de semana pero as malas previsións meteorolóxicas obrigaron a organización a concentrar todas as probas na xornada de mañá. A competición comezará ás 12:00 horas, primeiro coas dúas semifinais femininas e, a continuación coas dúas masculinas. En cada unha delas clasificaranse os 10 primeiros deportistas, aos que se engadirán os catro mellores tempos da global das dúas semifinais. Xa pola tarde disputaranse as dúas grandes finais. En definitiva, unha competición con circuítos curtos e rápidos que volverán a converter a Pontevedra na sede do tríatlon.
Todos os deportistas están convencidos de que está cita marcará un antes e un despois no tríatlon xa que reúne as grandes estreas deste deporte. Con eles, a emoción, a atracción e o espectáculo uniranse no río Lérez.
O ProTour reunirá mañá en Pontevedra aos mellores triatletas de España canales | |
| Likes | Dislikes |
| 72 views views | 1.39K followers |
| Entertainment | Upload TimePublished on 11 Oct 2019 |
Không có nhận xét nào:
Đăng nhận xét